Jose L. Recuna arquitecto pola ETSA da Coruña no ano 1988, funda nesa data o seu estudio que dirixe dende entón, desenvolvendo moitos papeis pero e ante todo, arquitecto.
A práctica evolucionou formando equipo tempranamente co deseñador e artista provocador, no mellor sentido, Guillermo D. Charlin, e a interiorista Bea Rodriguez Vila (arquitecturaedeseño), realizando nesa etapa, varias obras recibindo un premio polo stand efímero representativo do COAG para a feira Construgal 1994 (Pontevedra). (publicada na revista Obradoiro), 2º premio na Intervención no peirao de pasaxeiros de Vilagarcía tamén con interiorista Isabel Garrido…
Así mesmo colabora tamén co estudio italiano Giannocari/Fachin, arquitectos do estudio Gregotti international de Milán, no desenrolo de varias obras, sendo publicada unha de elas (hotel na Estrada) na revista Obradoiro. Con posterioridade, tamén colabora co arquitecto alemán Mike Lehmhaus, especializándose na construción eficiente e pasiva.
No ano 1999 ata o año 2019, incorpórase o estudio o arquitecto José Mª. Fernández Dapena para mais tarde formar con él o estudo recunaedapena (red), dirixindo conxuntamente o mesmo. Nesta extensa etapa, fixeron moitas vivendas de variadas características, recibindo varios premios: 1º premio Liceo Marítimo para o seu Complexo Polideportivo en Vilagarcía no ano 2007, dous premios Juana de Vega: pola Casa no Porto no ano 2009 e pola Casa da Playa no 2014 ambas vivendas unifamiliares situadas en Vilagarcía de Arousa, así como o Premio Bulthaup 2014 (Barcelona) pola configuración da cociña da casa da Playa.
Dende o ano 2019, forma e dirixe o estudio recunaarquitectos, cos arquitectos Rubén Barreiro e Javi Segura, dando continuidade o traballo baseado no seu compromiso inicial.
Actualmente o estudio traballa en diferentes proxectos fundamentalmente de vivenda nova e rehabilitación, realizando tamén o deseño de mobiliario e complementos para elas…
Vídeo da Exposición Póstuma de Guillermo D. Charlín
Este vídeo formou parte da Exposición Monográfica sobre o artista Guillermo D. Charlín, organizada no Pazo Torrado de Cambados en 2019, onde se expuxo as súas esculturas, pinturas, debuxos e o propio audiovisual.